Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Ambientación sonora e musical | Código | 616G01028 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual. Complementarase con materiais e contidos audiovisuais, en formato pílula, que se porán a disposición do estudantado a través do campus virtual para a súa consulta antes das clases. Nas sesións maxistrais realizaranse microprobas tipo test, para determinar coñecementos e erros frecuentes na comprensión do material teórico, actividades orientadas a reforzar e facilitar a comprensión da materia, así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos clave da materia. Naqueles casos en que ditas actividades se establecesen como traballo autónomo fóra da aula, empregaranse fórmulas de seguemento para determinar o grao de cumprimento da tarefa. Nestes casos as sesións maxistrais poderanse destinar á posta en común das tarefas ou a súa corrección colaborativa. |
Seminario | Ao longo da materia desenvolveranse diversos encontros con profesionais da comunicación sonora cos que se tratarán aspectos relativos ao deseño e produción, de contidos sonoros-audiovisuais. Estes seminarios contarán cunha compoñente formativa, mais tamén de apoio e titorización dos grupos de traballo (traballos tutelados). Algunhas destas actividades poderán axendarse fóra do horario da materia (mais sempre evitando solapamentos co horario oficial doutras materias do curso). |
Investigación (Proxecto de investigación) | Investigación-análise realizada de forma individual cuxo tema, relacionado cos contidos da materia, será proposto pola profesora. Dita investigación entregarase en formato audio (locución e fragmentos sonoros) . A presenza dun fragmento, superior a unha frase, copiado supón a anulación do traballo de investigación e -polo tanto- un cero. |
Obradoiro | Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas. A entrega de ditas prácticas efectuarase de forma habitual ao rematar a clase ou, de ser o caso, no tempo e forma que sinale a docente. |
Traballos tutelados | Ideación e planificación en grupo dun proxecto sonoro de carácter seriado cuxa forma, estilo, linguaxe, temática e/ou enfoque resulten innovadores. Deseño e produción integra dun dos episodios-pezas da proposta planeada, a modo de piloto. |
Presentación oral | Presentacións do proxecto sonoro en diversas fases. Estas presentacións desenvolveranse ao comezo da actividade, na fase de ideación, e -a lo menos- nunha das fases finais de produción do contido. |