Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño Sonoro | Código | 616G02008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas de laboratorio | Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre o deseño sonoro, foron tratados durante as clases expositivas. |
Proba de resposta múltiple | Esta proba teórica versará sobre os contidos do libro "Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual." Barcelona: UOC. |
Aprendizaxe colaborativa | Creación de deseño sonoro e dobraxe dun fragmento audiovisual animado proposto pola profesora (traballo B ou Proxecto final). Parte desta nota -ata un punto- estará determinada polas rúbricas de avaliación propia e dos/as compañeiros. |
Presentación oral | Presentación oral do "Proxecto final" (creación de deseño sonoro). Nesta presentación, cada grupo deberá explicar o seu deseño sonoro, especialmente no que respecta ás decisións estéticas, e responder as preguntas dos/os compañeiros/as. Cada un dos proxectos finais será valorado polos/as estudantes a partir dunha rúbrica de avaliación proposta pola profesora. |
Sesión maxistral | Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual. Complementarase con materiais e contidos audiovisuais que se porán a disposición do estudiantado a través do Campus Virtual. |