Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Capacitación científico-técnica e metodolóxica para a asesoría, a análise, o deseño, o cálculo, o proxecto, a planificación, a dirección, a xestión, a construción, o mantemento, a conservación e a explotación nos campos relacionados coa enxeñaría civil: materiais de construción, xeotecnia, estruturas, edificación, hidráulica, enerxía, enxeñaría sanitaria, medio ambiente, enxeñaría marítima e costeira, transportes, enxeñaría cartográfica, urbanismo e ordenación do territorio. |
A3 |
Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. |
A55 |
Capacidade para analizar e diagnosticar os condicionantes sociais, culturais, ambientais e económicos dun territorio, así como para realizar proxectos de ordenación territorial desde a perspectiva dun desenvolvemento sostible. |
A56 |
Capacidade para elaborar, dirixir e participar na redacción dos instrumentos de ordenación territorial, de plano urbanístico e de planificación estratéxica territorial. |
A57 |
Capacidade para o deseño e a urbanización do espazo público urbano, tanto na elección e proposta das dimensións e os seus elementos, coma no proxecto dos servizos urbanos relacionados co proceso urbanizador, tales como distribución de auga, saneamento, enerxía, iluminación, comunicacións, xestión de residuos, etc. |
A60 |
Capacidade para concretar ante un problema construtivo alternativas válidas e elixir a óptima, tras prever os problemas da súa construción. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B11 |
Entender e aplicar o marco legal da disciplina. |
B16 |
Capacidade para organizar e planificar. |
B21 |
Capacidade de abstracción. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |