Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Álxebra | Código | 632G01001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Formación básica | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas a través de TIC | A1 A2 B15 C3 C18 C8 | Os problemas propostos para entregar incluirán algún apartado que deba ser resolto utilizando MATLAB/Octave | 5 |
Proba de resposta breve | A1 B5 B8 C10 C12 | Proba obxectiva dirixida a recordar conceptos básicos da materia de forma concisa. | 20 |
Proba de resposta múltiple | A1 B8 C10 C12 | Proba obxectiva que pode conter cuestións con 4 posibles respostas das que só unha delas é válida, preguntas de verdadeiro ou falso ou cuestións de resposta curta que se realizarán ó rematar cada tema. | 12 |
Proba obxectiva | A1 B3 B6 B8 B7 C10 C11 C12 C16 | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidadede determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc. | 50 |
Solución de problemas | A1 B2 B4 B9 B8 B18 B7 C10 C11 C12 C13 C15 C16 | Formúlanse unha serie de problemas que o estudante debe resolver a partir dos coñecementos que se traballaron en teoría | 13 |
Observacións avaliación | |||
• Exames teórico-prácticos: realizarase unha proba parcial ao finalizar o primeiro cuadrimestre e outra ao finalizar o segundo. Ademais, haberá exames finais en xuño e en xullo.
• Probas: ao termo de cada tema realizarase unha proba/test voluntario de carácter teórico. • Problemas: en cada tema propoñeranse unha ou varias prácticas con problemas para resolver na aula. Nalgunha destas prácticas utilizarase Octave ou MATLAB para a resolución das mesmas. En cada oportunidade a nota final obtida será a máxima de: a) (nota do exame (ou exames)) x0'7+ (nota de curso) x 0'3. A nota de curso calcúlase a partir da nota das probas (40%) e da nota de problemas (60%). Para que se teña en conta esta nota é necesario asistir polo menos a un 80% das clases de problemas. A peor nota tanto de probas como de prácticas non se terá en conta para a nota final (en caso de faltar a unha proba ou non entregar unha práctica, descartarase o cero que iso supoñería). b) (nota do exame (ou exames)). En calquera caso, para aprobar a materia a nota final deberá ser maior ou igual a 5. A realización fraudulenta das probas ou prácticas, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de "0" na nota de curso. No caso dos exames, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente. |