Metodoloxías
Sesión maxistral
Descrición
Resolución polos alumnos de exercicios e supostos prácticos de liquidación de impostos.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Programaranse tutorías en grupo reducido en tres sesións: a primeira terá unha duración de 60 minutos e as dúas seguintes de 90 minutos. A primeira sesión realizarase no mes de outubro e as dúas últimas no mes de novembro. As sesións serán presenciais e comunicarase aos estudantes o lugar e hora de realización.