Metodoloxías
Presentación oral
Obradoiro
Descrición
O alumnado pode recibir unha atención personalizada para resolver as súas dúbidas sobre a materia e reforzar a súa aprendizaxe autónoma mediante o seguimento e supervisión das diferentes actividades programadas.
Esta atención realizarase presencialmente no despacho (previa solicitude), mediante titorías programadas coa aplicación Teams ou a través do correo electrónico institucional.

A atención completarase con 4 horas de titorías en grupo reducido que terán unha periodicidade mensual (aprox. 1 titoría dunha hora ao mes) e que se realizarán a través da aplicación Teams. As datas exactas de celebración acordaranse segundo a dispoñibilidade horaria do alumnado e profesorado ao comezo do curso académico.