Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais A profesora presentará a materia ao estudante e, se fose o caso, avaliará os seus coñecementos previos
Sesión maxistral A profesora explicará contenidos básicos da materia
Presentación oral O/A estudante deberá expor oralmente o progreso das distintas partes do traballo a realizar durante o curso. Este proceso tamén servirá para compartir dúbidas e aprender a realizar o futuro traballo fin de grao. Ao final do curso asignaranse sesións específicas para a exposición oral do traballo completo do curso por parte de cada alumno.
Lecturas O/A estudante realizaraas sobre aspectos do temario da materia. A profesora seleccionará lecturas específicas para o seu traballo e debate na aula.
Obradoiro Estes obradoiros servirán para comentar as lecturas programadas ou calquera contido do curso. Nestes obradoiros exporanse e comentaranse os pasos a seguir para desenvolver o traballo do curso. Poderán ser obxecto de seminarios, debates ou posta en común.
Proba mixta Proba escrita sobre os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos sobre a materia. Trátase dos exames oficiais da materia, durante os períodos de exames.