Metodoloxías
Estudo de casos
Sesión maxistral
Presentación oral
Descrición
Os diferentes membros do grupo poderán consultar as dúbidas correspondentes ao desenvolvemento dos casos prácticos/lecturas que deberán presentar ou expoñer.

Dado que o temario consta de oito temas, ao finalizar o cuarto e o oitavo realizaranse tutorías de grupo reducido, que serán fixadas unha vez finalizados os temas citados e que poderán ser desenvolvidas presencialmente ou por Teams, segundo decídase ao concretar as mesmas.

Asímesmo, se se ten algunha dúbida relativa ao material explicado en clase, pódese consultar co docente no seu despacho ou fixar outro momento para aclarar dúbidas e facilitar o seguimento do alumno.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase un calendario específico de tutorías compatible coa sua dedicación.