Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A9 B3 C3 C8 Asistencia obrigatoria.
Participación activa nas prácticas, caderno de prácticas e proba mixta (15% da nota total)


15
Traballos tutelados A1 C3 C8 C9 Traballos escritos realizados polo alumno a partir dun tema recomendado polo profesor ou presentación de artigos científicos de forma individual ou en grupo. 10
Proba mixta A1 A9 B1 Exame escrito para valorar os contidos teóricos que consistirá en probas tipo ensaio e/ou obxectivas 75
 
Observacións avaliación

Sistemas
de avaliación primeira e segunda oportunidade: exame escrito da materia (75% da nota final).
Traballos/presentacións (10%). Prácticas (15%). Sistemas de
cualificación: numérico desde o 0 ao 10, sendo 10 a máxima cualificación e 5 o
aprobado. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación
numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de
setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de
créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de
carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de
cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente
9-10. Matrícula de Honra (Graciable). 

Oportunidade
adiantada: proba mixta que abordará todo o temario da materia.

Non
presentado: considerarase "non presentado" a calquera alumna ou
alumno que non se presente a algunha das probas mixtas.

En caso de facerse exames
individualizados para cada cuadrimestre, deberase obter unha nota mínima de 3.5
puntos sobre un máximo de 10 en cada parte para que se poida facer a media de
ambos os cuadrimestres. No caso de non obterse un 3.5 nalgún dos exames a
materia estará suspensa. Se se suspende a materia, aínda tendo nalgún cuadrimestre
5 ou máis puntos, os estudantes deberán examinarse da materia completa nas
seguintes oportunidades.

A
proba mixta pode estar composta por calquera das seguintes modalidades e/ou
unha combinación de varias: preguntas de ensaio (preguntas abertas de
desenvolvemento), preguntas de resposta múltiple (puidendo ser verdadeiras unha
ou varias das respostas), preguntas de ordenación, preguntas de resposta breve,
preguntas de discriminación, preguntas de completar, preguntas de asociación.

Enténdese que o alumnado universitario
ten que ter asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e
escrita. Polo tanto, será primordial e levarase a cabo obrigatoriamente a
corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación),
gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición
imprescindible para superar a materia.

 Na
realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da
súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con
suspenso (0,0) na actividade. Se durante a realización dun exame algún/a
estudante copia, isto implicará a obtención dun suspenso (0,0) na materia na
convocatoria correspondente.

Matrícula
a tempo parcial: Recoméndase ao alumnado nesta situación contactar o máis
rapidamente posible co profesorado de cara a estudar de maneira individualizada
cada caso.