TIC e educación: a integración das TIC no curriculum e na escola. |
Enfoques do curriculum e integración das TIC. Modelos de comunicación e integración das TIC. Posturas do docente ante as TIC. Papel do docente na sociedade da información. Propostas oficiais de integración das TIC na escola. Proxectos nacionais e internacionais de traballo educativo coas TIC. Integración das TIC como recurso educativo, obxecto de estudio e axente educativo. TIC e educación democrática e inclusiva.
|
Recursos multimedia e educación |
Os códigos audiovisuais e multimedia. Propostas para a análise crítico, selección, avaliación e utilización curricular de recursos multimedia elaborados con fins educativos e non educativos para o traballo no campo da educación infantil. Análise crítico de software educativo e comercial para á educación infantil e valoración das súas posibilidades educativas. Creación dun recurso interactivo, multimedia e/ou na rede para o traballo de distintos contidos da educación infantil utilizando programas de software gratuito e ferramentas de autor elaboradas con fins educativos, utilizando recursos da rede e utilizando a pizarra dixital interactiva.
|
Internet e educación. |
Análise, selección, avaliación e utilización dos distintos recursos, aplicacións e servicios da rede de comunicación de Internet e investigación crítica das súas posibilidades para a mellora dos procesos de ensinanza e aprendizaxe na educación infantil e a investigación e mellora da propia práctica docente. Acercamento á web 2.0, análise das súas posibilidades educativas e creación de recursos na rede. Aproximación á teleformación, aos entornos virtuais de aprendizaxe e as redes sociais como recursos para a investigación e mellora da propia práctica docente.
|