Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Alumnado con dedicación a tempo parcial: na plataforma Moodle poránse á súa disposición os materiais utilizados nas sesións maxistrais, e calquera outro material que se considere que poda ser da súa utilidade. Os prazos de entrega dos traballos e cuestionarios serán os mesmos que os do alumnado a tempo completo, e estarán especificados na plataforma Moodle.

A solicitude dos alumnos, realizaranse titorías para concretar os pontos a tratar en cada traballo, así como para resolver dúbidas e cuestións sobre o temario, ofrecer orientación e axudar no desenvolvemento tanto das competencias específicas da materia como das competencias básicas, transversais e nucleares da titulación.