Análise de fontes documentais |
Os alumnos han de revisar e facer procura de artigos e outros documentos técnicos (sobre todo instrumentos de investigación e avaliación) para o traballo tutelado. |
Traballos tutelados |
Realización da análise da investigación dun factor determinado que tivo unha especial relevancia no campo da investigación en psicoterapia (por exemplo, características do cliente) preparando un traballo rigoroso e ben organizado, xunto cunha presentación do mesmo que dará lugar a un debate en clase. |