Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Avaliación e intervención psicolóxica en dificultades de aprendizaxe | Código | 652438023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A9 A18 B11 B15 B17 C3 C5 | Realizaranse diversas prácticas de avaliación e intervención en relación ás diferentes dificultades de aprendizaxe estudadas durante o curso. | 30 |
Proba mixta | A1 A11 A20 B2 B4 C4 C6 | Trátase dunha proba escrita con preguntas tipo test de opción múltiple e preguntas abertas de resposta breve sobre os contidos teóricos abordados ao longo do curso. | 50 |
Estudo de casos | A2 A3 A4 A6 A7 A16 B1 | Avaliarase a participación, o interés, o esforzo pola aprendizaxe así como a capacidade de tomar decisións, participar na busca de solucións, contestar e responder de forma constructiva e crítica. | 10 |
Análise de fontes documentais | A4 A14 A17 B11 C1 | Ao longo do curso o profesor irá sinalando algunhas lecturas e documentos audiovisuais obrigatorios para a súa análise na aula como introdución, complemento ou síntese dos contidos programados. | 10 |
Observacións avaliación | |||
OPCIÓN A Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 80%: a) Elaboración e presentación de traballos que serán compilados nun portafolio que será entregado para a súa avaliación na data indicada polo profesor. b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (50%). OPCIÓN B Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno do 28 de xuño do 2016). Ao inicio de curso elixirá entre: - Opción A ou - Exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia (100%). OBSERVACIÓNS ADICIONAIS: 1. Para superar a materia cómpre obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación. 2. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio. 2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concurra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando: a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docente, ou b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. |