Código Competencias do título
A11 Coñecer, analizar e explorar novas formas de comunicación e expresión que favorecen as novas tecnoloxías da información e comunicación.
A13 Coñecer e seleccionar programas, ferramentas e software de intervención logopédica para o traballo reeducativo coas novas tecnoloxías da información e comunicación.
A14 Deseñar e planificar sesións de intervención e apoio logopédico con ferramentas da rede.
B1 Aprender a aprender.
B3 Traballar de forma colaborativa.
B20 Capacidade de organizar e planificar.
B26 Saber expresarse en público.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.