Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC En relación ás Prácticas TIC valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas educativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A organización e presentación.
70
Proba oral Esta proba centrarase na presentación oral dos traballos desenvolvidos en torno aos traballos realizados nas prácticas TIC. Valorarase:
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso
de cada unha das partes obxecto de avaliación (Prácticas TIC e Proba oral).