Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Obradoiro
Solución de problemas
Descrición
Debido ao carácter práctico destas tres metodoloxías, farase unha atención personalizada para guiar a aprendizaxe do alumnado durante as sesións de clase entendida como a atención, supervisión e seguimento do traballo do alumnado, resolvendo as dúbidas que poidan xurdir duante o manexo de fontes e a resolución de problemas prácticos. Isto implica que o alumnado deberá participar nas sesións prácticas de xeito activo.

O alumnado poderá consultar dúbidas no horario de titorías. As titorías serán atendidas de forma presencial (despacho P1 A19), exclusivamente no horario de titorías que figura na web da Facultade.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudiante de los Grados e Mestrados da UDC (Art. 2.3.,3b y 4.5) (29/5/2012)", este alumnado desenvolverá a súa actividades coa asistencia e a participación nas dinámicas recollidas no apartado de "Metodoloxías" e na “Atención Personalizada” aplicables ás prácticas de “análise de fontes documentales”, "obradoiro" e "solución de problemas", siempre que lle sexa posible. As actividades realizaránse seguindo as observacións de avaliación sobre a flexibilidade da asistencia – participación e os requisitos para superar a materia.