Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A11 B1 B2 B4 A partir da formulación dun problema de investigación, terase que continuar con todas as fases que hai que seguir no proceso de investigación científica. Entregarase en forma de dossier. 100
 
Observacións avaliación

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

  • Asistir a clase. A asistencia a clase é obligatoria cun 80% das sesiones.
  • Participar na clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia) supón, non so a asistencia, senón tamén a participación e o aproveitamento do tempo da clase. 
  • Realizar todas as actividades obligatorias que computan na avaliación final da materia; isto é: cada unha das actividades que se corresponden coa metodoloxía de solución de problemas.
  • Axustarse ás datas de entrega sinaladas no calendario presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra del plazo ou a ausencia de entrega terá unha calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán unha calificación final de suspenso. 
  • Realizar as actividades propostas, aproveitando e optimizando o tempo que se destina na aula.  
  • Realizar traballos de carácter orixinal. O incumprimento das normas éticas na realización de traballos académicos suporá unha calificación de 0 puntos na mesma e, polo tanto, dará lugar a unha calificación final de suspenso. Baixo ningunha circunstancia se aceptarán traballos parcial ou totalmente extraídos doutras fontes que non fóran debidamente citadas.

O alumnado que no cumpra co requisito de asistencia do 80% deberá someterse á avaliación final, que consistirá na entrega do dossier, elaborado de forma autónoma polo estudiante.