Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 B1 C3 C6 Para comprobar os coñecementos adquiridos na materia o alumnado terá que realizar un traballo en microgrupo de 2-3 persoas. Unha vez finalizado o traballo presentaranse na aula para a súa avaliación por parte do docente. Nos traballos valorarase a innovación, a creatividade, a orixinalidade, a funcionalidade e a aplicabilidade.
100
 
Observacións avaliación

O alumnado que non alcance o 80% da asistencia ás clases ou non asista, realizará un exame sobre os contidos da materia na data oficial do exame.   Para a elaboración do traballo seguirase a normativa publicada no moodle na presentación da materia. 

En relación coa redacción de traballos, estes non poderán conter plaxio, considerado este como a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerado causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar.

A fin de garantir os obxectivos do Green Campus, os traballos entregaránse sempre vía online en formato electrónico evitando o consumo de papel e plásticos.