Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A27 C1 C6 C8 Metodoloxía que pretende o traballo autónomo dos estudantes a nivel individual e tamén grupal, de xeito que o grupo "actúe" como unha "comunidade que constrúe o seu propio coñecemento", realizando actividades e traballos dentro e fora da aula. A súa realización é obrigatoria e para superala necesítase acadar o 50% da cualificación indicada.
40
Presentación oral C1 Os grupos exporán, coa axuda das TIC, o traballo realizado colaborativamente e os estudantes tamén presentarán os traballos tutelados realizados individualmente. A exposición dos traballos é obrigatoria e valorarase a presentación, así como a fundamentación das achegas que se propoñan en relación á temática tratada. 10
Aprendizaxe colaborativa A19 C4 Os grupos de traballo elaborarán un tema a elixir entre os propostos polo docente, que lles orientará tanto nos aspectos básicos a tratar como na procura, selección e tratamento da información. A súa realización é obrigatoria e valorarase a súa orixinalidade, innovación, relevancia para o ensino das ciencias e a fundamentación das achegas que se propoñan en relación á temática tratada. 10
Proba mixta A19 A21 A24 A27 C1 Realizarase obrigatoriamente unha proba escrita de tipo mixto, con preguntas abertas de semidesenvolvemeto e/ou de resposta breve para valorar os coñecementos acadados e a capacidade de análise, sobre os contidos da materia. Para superala é necesario acadar o 50% da cualificación indicada. 40
 
Observacións avaliación

Na primeira oportunidade avaliaranse as actividades e traballos realizados durante o curso e a proba escrita. A cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo
obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10). 

É requisito imprescindible unha asistencia mínima do 80% de asistencia ás sesión presenciais. No caso de non alcanzarse dito porcentaxe as actividades/traballos non serán avaliados e a cualificación será de non presentado. 
Na segunda oportunidade o alumnado que asistíu cando menos ao 80% das sesións deberá repetir as partes non superadas (actividades/traballos e/ou proba escrita.
Os estudantes que non alcanzaran a porcentaxe de asistencia esixida ás sesións presenciais
deberán presentar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ó longo do curso. En calquera caso casos, a cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10). 

Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberán poñelo en coñecemento do profesor a primeira semana de clase.
Na primeira oportunidade, ademáis da proba escrita, terán que realizar, individualmente,
todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas
datas que estableza a profesora. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba escrita, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10).
Na segunda oportunidade, deberán repetir as partes non superadas (actividades/traballos
e/ou proba escrita.).