Metodoloxías Descrición
Presentación oral Presentación na aula dos traballos tutelados propostos polo estudantado.
Aprendizaxe servizo Presentación da aprendizaxe adquirida con traballos tutelados orientados a necesidades reais da súa contorna coa fin de mellorala, que se fará a algunha entidade colaboradora para proporcionar un servizo á comunidade.

Esta actividade e a anterior son excluíntes, de tal xeito que o estudantado só realizará unha delas. O número de horas totais dedicado polo tanto a esta actividade será a suma das horas planificadas para cada unha, é dicir, 11 horas de traballo presencial e 21 horas de traballo autónomo.
Traballos tutelados Traballos realizados polo estudantado para afondar e afianzar os coñecementos sobre diferentes aspectos das tecnoloxías.

A entrega dos traballos tutelados será flexible segundo as necesidades do estudantado na modalidade de matriculación a tempo parcial.

Prácticas a través de TIC O/a estudante poderá comprobar a aplicación práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas utilizaranse diferentes ferramentas propostas polo profesorado.

A entrega das prácticas será flexible segundo as necesidades do estudantado na modalidade de matriculación a tempo parcial.

Proba mixta Proba de resolución de cuestións e exercicios prácticos sobre os contidos da materia.

Sesión maxistral Exposición dos contidos teóricos da materia de acordo cos resultados de aprendizaxe.