Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, consistirá na formulación e desenvolvemento dunha investigación ou innovación propia do campo da Didáctica da Historia e das Ciencias Sociais. |
Discusión dirixida |
Reflexión e discusión en grupo, coa axuda do profesor, orientada fundamentalmente á comprensión da materia e a súa natureza e potencialidades. |
Sesión maxistral |
Mediante as sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico-práctico a partir da exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas. Tendo en conta que esta materia se vai impartir seguindo un modelo híbrido, existe a posibilidade de que estas sesións maxistrais sexan gravadas e postas a disposición do alumnado a través da Moodle da materia, dependendo do contexto sanitario provocado pola COVID-19. |