Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Unha advertencia que engadimos ao dito no apartado de «Metodoloxía»: a asistencia regular é requisito indispensable para que o equipo docente tome en consideración as achegas que un/unha alumno/a faga no marco dos obradoiros. Considerarase regular a asistencia de todos/as os/as estudantes que estean presentes na aula, cando menos, nun 80 % das horas lectivas. 25
Traballos tutelados A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Nada que engadir ao que dixemos no apartado de «Metodoloxía». 75
 
Observacións avaliación

- Non se pode superar a materia sen obter, cando menos, o 50% dos puntos que están en xogo nos talleres (1,25 sobre 2,5) e no traballo tutelado (3,75 sobre 7,5). Se un/unha alumno/a ficou por baixo dos mínimos establecidos nunha das dúas partes, na segunda oportunidade só terá que repetir esa, e conservaráselle a nota que obtivese na outra. No caso de que non alcanzase o nivel-soleira en ningunha das partes, terá que repetir as dúas.

- Os/as estudantes que conten con dispensa académica suplirán a participación nas actividades presenciais someténdose a unha proba de ensaio (con outras palabras: a un exame final). O equipo docente proporcionará instrucións ao respecto con antelación suficiente. Cómpre indicar que o peso da proba de ensaio na cualificación final será superior ao do taller no caso do alumnado «común»: no canto dun 25 %, un 50 %. Sendo así, o peso do traballo tutelado —que será de autoría individual— terá que descender dun 75 % ata un 50 %, obviamente.

- Os traballos entregaranse, por defecto, de xeito telemático. De non ser posible, recoméndase que non se utilicen plásticos na encadernación, que se imprima a dobre cara e que se empregue papel reciclado. Cómpre, en suma, facer un uso sustentable dos recursos, a fin de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Nos nosos comportamentos persoais e profesionais, debemos abrazar principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade.