Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Proxectos de Innovación e Investigación Educativa en Música | Código | 652610E5I | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 2 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Análise de fontes documentais | A25 A26 A28 C8 | Fundamentación teórica da memoria da proposta de Aprendizaxe e Servizo na materia "Proxectos de Innovación e Investigación Educativa en Música". - Para o alumnado con dispensa académica, fundamentación teórica da súa proposta de APS. |
10 |
Traballos tutelados | A25 A26 A28 C1 C3 C4 C6 | Desenvolvemento escrito dunha memoria da proposta de Aprendizaxe e Servizo na materia "Proxectos de Innovación e Investigación Educativa en Música". - A entrega da actividade realizarase a través da aula virtual (moodle). - O alumnado con dispensa académica realizará unha proposta de APS debidamente fundamentada e desenvolvida |
40 |
Aprendizaxe colaborativa | A25 A26 A28 C1 C3 C4 | Desempeño e colaboración durante a planificación da proposta de aprendizaxe e servicio na aula. - Su evaluación será llevada a cabo a través de una rúbrica. - El alumnado con dispensa académica realizará una propuesta de APS debidamente fundamentada y desarrollada. |
25 |
Aprendizaxe servizo | A25 A26 A28 C1 C3 C4 C6 C8 | Desempeño e involucración durante a posta en prática da aprendizaxe e servizo (ApS) nun centro educativo. - A avaliación levarase a cabo a través dunha rúbrica. - O alumnado con dispensa académica realizará unha proposta de APS debidamente fundamentada e desenvolvida. |
25 |
Observacións avaliación | |||
Para aprobar a asignatura é necesario aprobar cada un dos apartados anteriores. No caso contrario non se fai media. A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo (como máximo 2/3 alumnos/as) entregará, unha vez rematadas as clases presenciais, o traballo realizado. Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciais; deberá ser avaliado, ademáis de polo mesmo que todo o alumnado, por unha proba individual. Neste caso, terá un peso do 60% e o traballo terá unha ponderación do 40%, esixíndose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10. Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exámes como nos traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida. No caso no que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento". Nesta materia, se algún dos docentes detecta plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas. Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos, elixirase a impresión a dobre cara, e papel reciclado, evitando imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos. Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista. |