- Aconséllase subir una fotografía ao perfil do Moodle/Teams,
para facilitar a identificación do alumnado no traballo virtual.
- Non se admitirán traballos dos que a profesora non teña
constancia da súa realización.
- As datas de entrega dos traballos son propostas con
antelación suficiente, polo que, logo de seren consensuadas no
grupo-clase, e agás casos moi excepcionais coa debida xustificación, estas
son inamovibles.
- Seguiranse en cada caso as indicacións dadas na aula
para a realización dos traballos e actividades de avaliación, que tamén se
atoparán colgadas no Moodle.
- Os traballos presentaranse en formato dixital e sempre
axeitadamente identificados (nome da alumna/o, curso, grupo, equipo, materia
e nome da docente). Débese facer un uso sostible dos recursos e a
prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Igualmente, débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores
da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- En consonancia coa integración dunha perspectiva
feminista nesta materia, traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos
e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións
de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas.
- Facilitarase
a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e
proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera necesidade e proposta
de mellora sexa comunicada.
- O calendario de titorías está exposto na web da Facultade e no taboleiro da porta do despacho.
|