1.A entrega dos traballos documentais
será telemáticamente, a través do campus virtual e, se non é posible:
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
-Evitarasese o uso de plásticos
2.Cómpre revisar polo miúdo as
instrucción de entrega. No caso de se establecer, non se admitirán entregas
fora de prazo
3.Débese facer un uso sostible dos
recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
4.Débese ter en conta a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos
comportamentos persoais e profesionais
5.Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas…)
6.Traballaráse para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
7.Deberanse detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas.
8.Facilitarase a plena integración do
alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais,
experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.