Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Practicum II | Código | 652G01035 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 36 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Saídas de campo | A5 A6 A12 A19 A20 A21 A23 A29 A30 A32 A59 A60 A61 A63 A65 B2 B5 B7 B8 B12 B15 B16 B18 B23 B24 C1 C3 C4 C7 | O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. | 40 |
Portafolios do alumno | A31 A62 A64 A66 B1 B3 B4 B9 B14 B17 C4 C7 C8 | O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do portafolios cos seguintes criterios: -Capacidade de relación teoría-práctica - Dominio conceptual e capacidade analítica - Capacidade para relacionar ideas e accións - Capacidade de argumentar e fundamentar - Expresión escrita propia e claridade expositiva - Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións - Capacidade de autoavaliación e autocrítica Orixinalidade da proposta |
40 |
Eventos científicos e/ou divulgativos | A20 A29 A60 A62 A66 B3 B15 B16 B18 | O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado ao evento científico e/ou divulgativo cos seguintes criterios: - Asistencia a todas as sesións. -Calidade das achegas á hora de expoñer o contido das diferentes sesións así como a pertinencia e madurez das reflexión persoais ao respecto. |
10 |
Seminario | A20 A29 A60 A62 B1 B3 B5 B9 B17 B18 C4 C7 | O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios cos seguintes criterios: - Asistencia a todas as sesións presenciais - Calidade das achegas á hora de expresar dúbidas razoables, expoñer ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese etc. |
10 |
Observacións avaliación | |||
a) Requisitos para superar a materia: 1. Para aprobar a materia será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: practicas pedagóxicas e portafolios. b) Elementos da avaliación que se poden recuperar na segunda oportunidade de avaliación (xullo): 1. As practicas pedagóxicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo. Isto supón que un suspenso nas mesmas na oportunidade de xuño implica a non superación da materia. 2. Os seminarios e as xornadas non se poden recuperar, polo que a cualificación obtida nos mesmos na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo. 3. O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere o portafolios na oportunidade de xuño terá a ocasión de melloralo para a oportunidade de xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos da avaliación. c) Cualificacións: 1. A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo. 2. No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, a nota final será a nota da parte non superada. 3. Non realizar as practicas pedagóxicas estando matriculado na materia supón un Non Presentado. 4. No 5. No 6. A asistencia e a calidade das achegas a eventos científicos avalíanse conxuntamente, non podendo estar desvinculados un do outro. Para unha avaliación positiva neste apartado o alumno/a terá que asistir e facer as achegas. Validez da nota da estadía en prácticas Se só se aproba a estadía no centro de prácticas ou a saída de campo, a nota conservarase unicamente no curso académico en que se realizasen. No seguinte curso, o/a alumno/a terá que matricularse novamente e facer a estadía ou a saída de campo ao centro. |