Metodoloxías
Portafolios do alumno
Aprendizaxe colaborativa
Proba de ensaio
Descrición
A atención personalizada, ben en sesións de aula, ou en titorías en pequeno grupo ou individuais, relaciónase coa necesidade dun seguimento do traballo do alumnado, especialmente nas metodoloxías de aprendizaxe colaborativa e na realización do portafolio e da conexión das actividades relacionadas coas clases interactivas e expositivas.

No caso da proba de ensaio, dedicaráse unha sesión interactiva a traballar a elaboración dun ensaio, e ofreceranse en cada tema exemplos do textos sobre os que facer o ensaio, ofrecendo ao alumnado a posibilidade de entregalos para a súa revisión e ter titorías individualizadas para reforzar esta aprendizaxe.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera necesidade e proposta de mellora sexa comunicada.