Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Dirección Estratéxica | Código | 660G01030 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A10 A23 B2 B8 B12 C6 C7 | Asistencia e participación nas actividades de clase (incluidas as probas autoavaliativas) mínima do 80% | 10 |
Seminario | A10 A13 A15 A23 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 | Consistirá na realización das actividades prácticas e traballos relacionados cos distintos contidos abordados na materia. Entrega e exposición nas datas que se establezan pola docente. | 75 |
Lecturas | A10 A13 A31 B2 B9 B14 C6 | Resumo de algún dos libros sugeridos pola docente ou de libre elección do alumnado e elaboración dunha ficha de datos da lectura elexida. | 15 |
Observacións avaliación | |||
Avaliación continua. Para poder aprobar esta materia ao final do período lectivo, sen necessidade de realizar o exame final, será imprescindible a participación de alomenos un 80% das sesións e obter o 50% da cualificación correspondente a cada unha das restantes metodoloxías avaliativas. De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das metodoloxías, a estudante non superará a materia. Sistema antiplaxio: Todos os traballos entregados no marco da materia someteranse a unha revisión antiplaxio. A profesora reservase o dereito de non avaliar traballos que presenten algún porcentaje de plaxio no seu contido. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Como alternativa, aquel alumnado que non poda facer un normal seguimento da asignatura por ter recoñecida a Dispensa de docencia, poderá optar por examinarse nunca proba obxectiva durante os períodos de avaliación oficialmente establecidos; o valor da devandita proba supón o 100% da calificación. De non conseguir o 50% do total da calificación, a materia constará como suspensa na convocatoria ordinaria e o alumnado poderá volver a examinarse na segunda oportunidade, onde a metodoloxía de avaliación será unha proba obxectiva por valor do 100% da calificación, versando sobre os contenidos tanto teóricos como prácticos do programa da materia. Coa finalidade de poder aplicar este sistema, as personas que tiñan recoñedica a dispensa deberán comunicarla á profesora ao comenzo do curso. O alumnado non pode ser avaliado por avaliación continua e simultáneamente por proba obxectiva final (dispensa). De non constar expresamente o sistema de avaliación, entenderase que o alumnado opta por avaliación continua. A proba obxectiva poderá conter tres tipos de probas: preguntas de tipo test, preguntas de resposta curta e/ou desenvovemento dun caso práctico. As adaptacións curriculares para estudantes con discapacidade ou con necesidades educativas específicas serán pautadas pola Comisión de docencia do centro, previo informe do PAT. |