Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A7 A27 B1 B2 B4 C1 C4 C6 C8 Proba que integra proba de ensaio e preguntas obxectivas.
En canto a proba de ensaio, recolle a análise dun texto relacionado co traballado durante a materia . En canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación
60
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A14 A19 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Durante o curso, estableceranse diferentes exercicios que poderán tratar sobre documentos relevantes para a temática da materia, con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. A final de curso realizarase a exposición oral dun traballo sobre un caso ou tema aprobado pola profesora co que se relacionarán os temas aprendidos ao longo da materia (ao comezo das clases daranse as pautas necesarias para a súa realización). Na avaliación continua terase en conta igualmente todos os traballos realizados durante o curso -como comentarios, exercicios ou procuras propostas pola profesora, charlas recibidas, experiencias de campo, tarefas desenvolvidas, etc, sempre explicando a súa conexión coa materia- así como a asistencia. 40
 
Observacións avaliación

As clases do grado online realizaranse de xeito asíncrono. Para isto o profesor/a profesora engadirá todo o material necesario en Moodle. O alumnado do grao online deberá visualizar semanalmente as clases maxistrais e interactivas gravadas e consultar os materiais engadidos na plataforma Moodle; reservándose os horarios asignados a esta materia e establecidos no calendario escolar para aclarar todas posibles dúbidas ou consultas sobre a materia e para tutorizar os traballos a realizar; sempre suxeito a solicitude por parte do alumnado. Valorarase a participación nos foros propostos e a asistencia a titorías individualizadas.

Todas as probas teñen que superar o 50% da nota, para poder facer o cómputo final

O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva (independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun " NP" (Non Presentado), aínda no caso de tener feito, presentado e exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación.

Tanto en primeira como en segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación.

A convocatoria adiantada consistirá nunha proba mixta que computará o 100% da materia

O traballo será presentado e defendido  tanto por escrito como en formato on line, mentres que a proba mixta haberá de realizarse de forma presencial.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo.

A detección de plaxio ou falsedade será penalizada co suspenso na materia.