Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Intermediación Turística e Transporte II | Código | 662G01021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A3 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Realización de traballos tutelados relacionados cos bloques de contidos da materia. |
35 |
Presentación oral | A13 A24 A33 A34 B1 B2 B4 B6 B7 C1 C3 | Presentación oral do traballos tutelado ou da actividade de aprendizaxe servizo | 10 |
Proba mixta | A3 A6 A7 A12 A14 A22 B2 B3 B4 B6 C1 | Realización dunha proba mixta que recolla os contidos teóricos dos diversos bloques temáticos da materia. | 40 |
Prácticas clínicas | A3 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A26 A33 A34 A35 B2 B3 B6 B7 C1 C2 C3 C5 C7 | O alumnado deberá de superar satisfactoriamente un periodo de formación práctica nunha empresa de Intermediación Turística, a cal terá unha duración que se establecerá de común acordo polo responsable da materia e o coordinador/a de Prácticas. Estas prácticas desenvolveranse ao longo do segundo curso ou terceiro de maneira indistinta. | 5 |
Saídas de campo | A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A14 A18 A19 A22 A27 A32 C4 C5 C7 C8 | As saídas de campo son de carácter obrigatorio e, en ocasións, requerirán preparación por parte do alumnado, segundo as indicacións da docente. | 10 |
Observacións avaliación | |||
Os estudantes elixirán ao principio do cuatrimestre se queren avaliación continua ou non continua. A asistencia a clase é obrigatoria. De xeito esporádico pódense facer cuestionarios ou exercicios que servirán como forma de control da asistencia. No caso de que o estudante elixa a avaliación non continua a proba obxectiva será o exame final. Neste sentido, a nota final calcularase da forma seguinte:
O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente, poderá facer o exame final (100%) e, para aprobar, terá que obter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Este alumnado terá a convocatoria de Xullo como segunda oportunidade (100%). Igualmente, para aprobar, terá que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando non se presente ao examen nin teña realizado os traballados da aula. Implicacións do plaxio: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria". As instruccións detalladas sobre os traballos serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle para a súa consulta. Os anteriores criterios de avaliación aplicaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) no seu defecto coa tutoria ADI da Facultade de Turismo. |