Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización de traballos tutelados relacionados cos bloques de contidos da materia. Os detalles do traballo explicaranse polo docente e se especificarán nun documento que estará a súa disposición no Moodle.
30
Proba mixta A6 A7 A12 A14 A22 B2 B3 B4 B6 C1 Realización dunha proba que recolla os contidos teóricos dos diversos bloques temáticos da materia. 60
Foro virtual B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Participación no debate sobre un tema e/ou problema relacionado coa materia e proposto polo docente. Desenvolverase a través do Moodle medante ferramentas de comunicación asíncrona (foro). 10
 
Observacións avaliación

O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente, poderá facer o exame final (100%) e, para aprobar, terá que obter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Este alumnado terá a convocatoria de Xullo como segunda oportunidade (100%). Igualmente, para aprobar, terá que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos. 

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando non se presente ao examen nin teña realizado os traballados da aula. 

Implicacións do plaxio: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".

As instruccións detalladas sobre os traballos serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle para a súa consulta. 

Os anteriores criterios de avaliación aplicaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) no seu defecto coa tutoria ADI da Facultade de Turismo.