Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do profesor dos temas da materia. Facilitaránse os contidos dos temas en formato pdf a través da aplicación de Moodle.
Análise de fontes documentais A analise de fontes documentais (estudos publicados en revistas científicas relacionadas co sector turístico que facilitaranse online) traballaránse ao longo do cuadrimestre. Forma parte da avaliación continua.
Traballos tutelados Realización de traballos prácticos obrigatorios guiados individuais sobre diversas técnicas de investigación no sector turístico. En dito traballo o/a alumno/a planificará/deseñará as técnicas de investigación suxeridas (observación, entrevista en profundidade e deseño de enquisa) aplicadas á situación social e obxectivos empresariais/institucionais da empresa/institución seleccionada relacionada có sector. Dito traballo forma parte da avaliación continua.

Proba mixta Exame mixto onde haberá unha parte test que valora a aprendizaxe de conceptos e outra parte de preguntas de desenvolvemento que valora a aprendizaxe de coñecementos.