Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Análise de Estados Financeiros | Código | 662G01027 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba de resposta breve | Proba obxectiva dirixida a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada.Preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder coa resolución de operacións sinxelas. Realizarase ao longo do cuatrimestre. |
Resumo | Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. O alumnado terá que expoñer os temas traballados na aula. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames. |
Solución de problemas | Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. |
Sesión maxistral | Tipo especial de lección impartida polo profesor, onde se baraxarán contidos que conforman o marco teórico - práctico da materia contable. |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela do da persoa docente e en escenarios variados (académicos e profesionais). Nesa metodoloxía o alumnado asume a responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo docente-titor. O alumnado poderá realizar o traballo baixo a metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo ApS, desenvolvendo o seu traballo nun contexto real e en conxunto con outros colectivos. |
Aprendizaxe servizo | Trátase dunha actividade que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contidos e a adquisición de competencias a partir da práctica reflexiva. O alumnado aplicará os coñecementos xerados nas clases á unha situación práctica ofrecendo servizo á comunidade. |
Proba obxectiva | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. A proba consistirá na resolución dun exame final que versará sobre aspectos do análise contable. Esa proba consta de varios tipos de preguntas: tipo test, verdadeiro ou falso, resolución de exercicios prácticos para a elección da resposta correcta. |