Metodoloxías Descrición
Recensión bilbiográfica O alumno deberá levar a cabo a recensión dunha obra determinada polo profesor, na que deberá demostrar capacidade de síntese e análise.
Traballos tutelados O alumno, tendo en conta a súa área de coñecemento e interés, levará a cabo un traballo supervisado polo profesor, no que se valorará a súa calidade, originalidade e a diversidade de fontes empregadas na súa elaboración.
Sesión maxistral O profesor expondrá en clase os contidos teóricos da materia que capaciten ao alumno para un dominio da mesma.
Lecturas Para completar todo o exposto en clase, o alumno deberá levar a cabo unha serie de lecturas que axudaranlle a seguir as explicacións e a profundizar nos temas.