Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ao finalizar o período de prácticas, cada alumno/a presentará á titora académica unha memoria de prácticas na que describa de forma detallada as tarefas e actividades realizadas, así como unha reflexión sobre a formación recibida. Dita memoria elaborarase seguindo as pautas formais e de contido indicadas pola titora académica.
Prácticas de laboratorio Prácticas desenvolvidas polo alumnado nas unidades de información coas que a UDC ten convenio. O traballo dos/as alumnos/as estará supervisado pola titora académica (profesora da Facultade) e o/a titor/a profesional (persoa responsable do centro).
Sesión maxistral Exposición oral por parte da profesora, complementada co uso de medios audiovisuais, coa finalidade de transmitir a información fundamental referida ás prácticas: procedementos, deberes e dereitos do alumnado, sistema de avaliación, titorización, etc.