Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento/710G03005
Fundamentos de Economía: Industria da Moda/710G03003

Materias que continúan o temario
Dirección Estratéxica da Empresa de Moda/710G03030
Taller 1: Plan de Empresa de Moda/710G03032
Modelos e Técnicas de Simulación Empresarial: Xogo de Empresa/710G03026
Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións/710G03017
Recursos Humanos e Habilidades de Xestión en Empresas de Moda/710G03020
Márketing e Investigación de Mercados de Moda/710G03012
Sistemas e Tecnoloxías da Información/710G03013
Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda/710G03015

Observacións

Esta é unha materia de carácter introdutorio na que non se precisan coñecementos previos.

Recoméndase a revisión e seguimento do curso da materia no campus virtual, onde se deixarán os materiais e se informará das actividades a realizar. Tamén se recomenda a lectura frecuente da prensa económica e a asistencia ás clases interactivas con ordenador portátil ou tableta electrónica. 

Os traballos da materia entregaranse a través da aula virtual, en soporte dixital; e se non é posible, recoméndase a impresión en papel reciclado, a dobre cara e evitando o uso de materiais plásticos.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos,...). Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.