Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade presencial na aula, onde se explicarán os conceptos fundamentais da materia, mediante unha exposición oral, complementada con medios audiovisuais e multimedia para facilitar a aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Realizaranse no laboratorio de electricidade. Consistirán en xustificar e analizar os modos máis relevantes do comportamento das máquinas eléctricas .
Solución de problemas Explícanse e resolven os problemas máis relevantes dunha maneira sistemática, analizando as dificultades que poidan xurdir, resolvendo dúbidas coa finalidade de proporcionar ao alumno os recursos necesarios para a súa posterior resolución dunha maneira autónoma.
Proba práctica Permite a avaliación dos traballos, competencias e habilidades adquiridas polos alumnos, fomentando o seu traballo autónomo