Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A23 A24 A25 A37 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B18 B19 B20 B21 B22 B24 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 Para a avaliación de competencias, realizarase unha avaliación continua do estudante, levando a cabo ao longo do curso, diferentes probas e utilizando distintas metodoloxías. 30
Presentación oral A21 A22 B3 B7 B8 B14 C10 Actividade baseada na exposición oral, onde se produce unha interacción ordenada entre docente e estudante, expondo cuestións que o alumno deberá responder, de forma oral, podendo así valorar o seu proceso de aprendizaxe e o coñecemento que posúe da materia, así como a capacidade de razoamento, espírito crítico, capacidade de síntese e de relación sobre os contidos do programa. 10
Proba mixta A24 A25 B2 B3 B8 B9 B12 B13 C11 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Incluiranse tamén resolucións de casos clínicos.
60
 
Observacións avaliación

ASPECTOS A TER EN CONTA NA AVALIACIÓN: 

  • OBRADOIRO

As actividades deseñadas ao longo do proceso de aprendizaxe e a resolución de exercicios de autoavaliación, establécense como mecanismos de avaliación continua, polo que non son de carácter obrigatorio.

No caso de que o estudante non as realice, non obterá a porcentaxe correspondente e por tanto non se sumará ás das outras metodoloxías establecidas dentro da materia. Esta situación será de aplicación tanto na primeira como na segunda oportunidade.

Supón o 30% da nota final da materia (máximo 3 puntos)


  • PRESENTACIÓN ORAL

Esta metodoloxía establécese como mecanismo de avaliación continua, polo que non é de carácter obrigatorio.

No caso de que o estudante non a realice, non obterá a porcentaxe correspondente para sumar ás outras metodoloxías establecidas dentro da materia. Esta situación será de aplicación tanto na primeira como na segunda oportunidade.

Supón o 10% da nota final da materia (máximo 1 punto)


  • PROBA MIXTA

A realización e superación da proba mixta é obrigatoria para superar a materia.

A Proba Mixta considerarase superada cando se alcance o 50% da cualificación máxima outorgada á devandita proba.

Supón o 60% da nota final da materia (máximo 6 puntos)

 

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

A avaliación anteriormente descrita é a PROGRAMADA para todos os alumnos con MATRICULA COMÚN que se presenten á primeira oportunidade.   

As cualificacións obtidas na avaliación continua (Obradoiro e Presentación Oral) só se aplicarán cando a Proba Mixta sexa superada. En caso contrario, non se computarán, figurando como cualificación final da materia, unicamente a obtida na Proba Mixta.

As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida.


SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Para a Segunda Oportunidade aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que os descritos na Primeira Oportunidade.

 

MATRÍCULA PARCIAL:

Os alumnos de MATRICULA PARCIAL poderán optar por examinarse por escrito en primeira e segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, onde se aplicarán as porcentaxes relativas a cada parte do contido da materia.


DISPENSA ACADÉMICA:

De acordo á normativa da UDC, admítese dispénsa académica nesta materia. Os alumnos con dispensa académica, ao ter que cumprir a condición de ser alumnos con matrícula parcial, poderanse acoller ao mesmo sistema de avaliación, descrito anteriormente.


OPORTUNIDADE ADIANTADA:

Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE ADIANTADA deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.

 

MATRÍCULA DE HONRA:

Os estudantes que desexen optar a matrícula deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Obter unha nota media superior a 9 na cualificación final da materia.
  • Presentarse ás probas establecidas de avaliación continua e alcanzar as mellores cualificacións.

Tras a aplicación do criterio establecido, a decisión final quedará supeditada á consideración das profesoras da materia.

 

FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS:

Segundo o  establecido na normativa da UDC:

 1.- Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.

2.- Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, despois de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.

3.- A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

4.- Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para convocatoria extraordinaria"