Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico/750G02108

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: Para axudar a acadar un contorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Ensinanza e investigación ambiental e social saudables e sostibles" do "Plan de acción Green Campus Ferrol":

  • A entrega dos traballos documentais que se leven a cabo nesta materia farase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de facerse en papel: non se utilizarán plásticos, farase a impresión a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural, tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade no comportamento persoal e profesional.

RECOMENDACIÓNS DE IGUALDADE DE XÉNERO E NON DISCRIMINACIÓN: Dacordo coa diferente normativa aplicable para o ensino universitario nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero, garantindo o non uso da linguaxe sexista na aula, nos documentos elaborados sobre o tema. e nas actividades docentes realizadas co alumnando.

  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo no ambiente para modificalos e promover valores de respecto e igualdade.
  • Prestarase especial atención á detección de situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
  • Facilitará a plena integración dos estudantes que, por razóns físicas, sensoriais, mentais ou socioculturais, experimentan dificultades para un acceso adecuado, igual e rendible á vida universitaria.