Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A66 A69 A85 A86 A89 A96 A100 A112 B24 B25 B29 B30 B32 C9 C15 A valoración das prácticas de laboratorio fai referencia fundamentalmente á actitude e participación activa e con aproveitamento das mesmas, que se traduce na correcta execución e no grado de perfeccionamiento alcanzado nas técnicas ensinadas. 10
Estudo de casos A70 A85 A86 A90 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 B30 B32 C9 C15 Entrega en tempo e forma das resolucións de casos clínicos plantexados ao longo do curso, e que se solicitarán con antelación suficiente para a súa realización e con posibilidade de establecer grupos de discusión para un maior aproveitamento.
Os casos clínicos asignaranse por parellas durante a primeira metade do cuatrimestre. Contarán cunha descripción básica do suposto clínico, así como unha descripción das probas de avaliación efectuada e os seus resultados. Os estudantes deberán entregar unha memoria da resolución na que deberán:
1) replicar as probas, describir a súa execución práctica e os valores normativos.
2) ampliar con todas aquelas probas de exploración que estimen oportunas e relevantes para a resolución do caso.
3) propoñer un programa de tratamento funcional do caso e as disfuncións que o caracterizan
4) apoiar a resolución do caso con material preferentemente audiovisual (vídeos e ou fotografías), da realización das probas de exploración física e do tratamento proposto.
5) ao final do curso, os estudantes deberán presentar oralmente a resolución do caso diante de todolos compañeiros, promovendo un foro de debate.
A memoria será valorada sobre un máximo de 2 puntos (20% da calificación) e a presentación oral sobre un máximo de 1 punto (10% da calificación).
40
Proba mixta A89 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 C9 A proba mixta consistirá nunha combinación de preguntas tipo test de resposta única e unha ou varias preguntas curtas acerca da valoración e/ou resolución dun caso clínico plantexado durante o curso. 40
Sesión maxistral A66 A69 A70 A85 A86 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 B30 B32 C9 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Valorarase fundamentalmente a asistencia e participación activa nas mesmas, a través da entrega puntual de pequenas probas de coñecemento de respuesta inmediata (metodoloxía socrative) que facilitan a asimilación das ideas clave. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será obrigatorio:

1. A asistencia a un mínimo do 70% das sesións prácticas. A estos efectos, non se terán en conta as ausencias debidamente motivadas por cuestións de saúde, especialmente ante a sospeita de viriasis compatible con infección por SARS-CoV-2.

2. Únicamente se contempla a posibilidade dun 20% de faltas de asistencia a sesións prácticas sen aportar o correspondente xustificante.

3. Obter unha calificación superior a 5 puntos sobre 10 na proba mixta. Esta proba terá, con carácter xeral, un tempo máximo de execución de 1 hora.


Dado o carácter práctico e con orientación clínica da materia, non se contempla a posibilidade de dispensa académica que exima aos estudantes a tempo parcial da asistencia ás clases prácticas e de seminario.

Non se contemplan metodoloxías de avaliación diferentes para a segunda oportunidade ou oportunidade adiantada, nin para aqueles estudantes con matrícula parcial. Para os estudantes de segunda matrícula e posteriores, poderá conservarse previa solicitude a calificación obtida nos apartados de avaliación continuada do bloque práctico e interactivo, así coma do estudo de casos, sempre que estas resultasen superadas en anteriores cursos. En caso contrario, os citados apartados serán avaliados a través dun examen práctico.

Asignarase a calificación de Non Presentado aos estudantes que non se presenten á proba mixta, independentemente de que se conserve a calificación obtida na avaliación continuada do bloque práctico e interactivo así coma do estudo de casos.

Os estudantes que acaden unha calificación igual ou superiora 9/10 podrán optar á mención de Matrícula de Honra, dacordo aos límites establecidos no artigo 21 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" de la UDC. A matricula de honra será otorgada en todo caso á/ás calificación/s globais máis altas.

PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.