Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realización dun traballo/proxecto fora da aula no que se realizarán prácticas de programación sobre un modelo en simulación dun submarino autónomo. Este traballo será realizado polos alumnos de forma autónoma e o seu avance será tutorizado polos profesores.
Presentación oral Traballo ou traballos de teoría sobre algún tema proposto polos profesores da materia que deberán ser expostos diante dos compañeiros e entregados tamén por escrito.
Obradoiro Seminarios nos que os alumnos reciben formación sobre as ferramentas para utilizar na parte práctica da materia, tales como simuladores robóticos ou outros equivalentes.
Saídas de campo Realizarase unha o varias saídas de campo a zonas de probas dos vehículos autónomos, onde os estudantes deberán interactuar cos sistemas reais seguindo as indicacions dos docentes
Sesión maxistral Exposición oral por parte dos profesores da materia do temario teórico