Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 A4 A17 A31 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C5 Proporanse exercicios ou problemas, cuxa resolución pode ser presencial ou como tarefa proposta a través da secretaria virtual. Esta metodoloxía representa o 20% da nota final do curso 20
Proba obxectiva A3 A4 A17 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C5 C6 Consistirá na resolución de cuestións teórico-prácticas, exercicios e problemas. Esta proba representa o 70% da nota final do curso. 70
Prácticas de laboratorio A3 A17 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C5 Avaliarase a adquisición de habilidades desenvolvidas durante as mesmas. Representan o 10% da materia. 10
 
Observacións avaliación
  • As prácticas de laboratorio son obrigatorias e a súa nota será válida para dous cursos: o actual e o seguinte.
  • A cualificación final do curso será a suma das cualificacións das distintas metodoloxías e será necesario obter polo menos unha puntuación de 28 puntos sobre 70 na proba obxectiva. Para aprobar o curso requirirase un mínimo de 50 puntos.
  • No exame correspondente á segunda oportunidade só se realizará a proba obxectiva e manteranse as cualificacións obtidas nas restantes metodoloxías.
  • Os estudantes con exención de asistencia á clase deberán demostrar a adquisición de habilidades e coñecementos mediante probas adicionais.