Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Química Xeral 3 | Código | 610G01009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A7 A12 A16 A17 A19 A20 A23 B3 B4 B5 C1 C3 | Valorarase a realización dos prelaboratorios, as capacidades e destrezas do alumno na realización do traballo experimental, a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos, a elaboración do diario de laboratorio, etc. |
20 |
Seminario | A1 A5 A6 A21 A25 B2 B3 B4 B5 C3 | Valorarase a resolución de boletíns de cuestións e/ou problemas, cumplimento de datas para a súa entrega ou revisión e tamén a participación do alumno a través da formulación de preguntas antes ou despois do desenvolvemento dos seminarios. | 10 |
Proba mixta | A1 A4 A5 A6 A12 A20 A21 A25 B3 C1 | Terá dúas partes, nunha valorarase a capacidade do alumno de expresar, resumir e desenvolver aspectos teóricos da materia e a outra consistirá na resolución de problemas ou exercicios numéricos. En todos os casos, o alumno deberá razoar axeitadamente as respostas. |
60 |
Proba obxectiva | A1 A4 A5 A6 A12 A20 A21 A25 B3 C1 | Periódicamente realizaranse probas curtas/entregas nas que o alumnado responda cuestións ou resolva problemas dun xeito razoado que permitan avaliar o seu grao de comprensión dos aspectos máis salientables da materia. | 10 |
Observacións avaliación | |||
-Para superar a materia será necesario: 1) A realización das prácticas de laboratorio. -Na primeira e segunda oportunidade, os alumnos que fixeran as prácticas e acadaran menos dun 5, terán a oportunidade de realizar, ademáis da proba mixta, unha proba específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A cualificación desta proba específica sustituírá á cualificación obtida nasprácticas para a cualificación global. -Os alumnos que non participen nas actividades avaliables das sesións de seminario e non realicen as probas obxectivas obterán unha cualificación de 0 nestes apartados (10 % e 10 %, respectivamente, da nota global) nas dúas oportunidades. Na segunda oportunidade manterase a cualificación obtida durante o curso para a nota global. - O alumno obterá a cualificación de non presentado cando non realice as prácticas de laboratorio e tampouco se presente á proba mixta. Polo que refírese aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluida a avaliación continua, refírese a un curso académico, e polo tanto, volvería a comenzar un novo curso, incluidas todas as actividades e procedimentos de avaliación que programense para o devandito curso. -Na segunda oportunidade: a cualificación da proba mixta obtida na segunda oportunidade substituirá á da primeira. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade sólo poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondiente curso non se cubreu na súa totalidade na primeira oportunidade. No caso de circunstancias excepcionais , obxectivas e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumnado que se atope nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia. Alumnos con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: A realización das prácticas de laboratorio será obligatoria e será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Consideraránseexentos das sesións maxistrales e se lles facilitará a asistencia ao maior número posible de seminarios. De nonpoder asistir aos seminarios o alumno fará un traballo titorizado. Esto aplicarase a ambas oportunidades de exame. Na avaliación da materia aplicarase todo o establecido no artigo 14, relativo á Comisión de Fraude e responsabilidades disciplinarias, das Normas de avaliación de graos e másteres da UDC: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria" |