Esta materia ten como principal fin que o estudante adquira as competencias necesarias para detectar cando e como aplicar as técnicas econométricas necesarias para o estudo de situacións e casos con datos reais no eido da economía. O obxectivo reside, por tanto, en que o estudante sexa capaz de extraer a información relevante das variables económicas e as súas interrelacións a través de diferentes tipos de análises e ferramentas, o cal lle permitirá comprender patróns de comportamento e efectuar as pertinentes valoracións. Asimesmo, preténdese que o estudante sexa crítico na avaliación do contexto económico e dos traballos que neste contexto deba avaliar.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías