A avaliación consistirá na presentación e defensa dun traballo supervisado cuxa avaliación representará o 100% da nota (primeira oportunidade e segunda oportunidade). Esta consistirá na realización dun traballo de investigación utilizando xestión de datos e técnicas de análise empírica, en particular, técnicas de análise xeográfica. En función do calendario, poderá haber dúas entregas, a primeira como borrador, para recibir correccións, e a segunda como entrega final.
A selección do tema de investigación ha de ter lugar canto antes, en conversas co profesor da materia. Vocacionalmente esta materia está orientada a achegar valor ao traballo de fin de máster (TFM). Daquela, suxírese realizar un traballo sobre un tema que sexa útil para o TFM ou, directamente, ampliar logo o traballo desta materia para o converter en TFM.
Os criterios de avaliación do traballo serán:
- Estrutura e presentación: 10%
- Respecto ás normas dun artigo científico: 20%
- Redacción: 10%
- Pregunta de investigación/obxectivo, lóxica narrativa e conclusións: 20%
- Dificultade do tema: 40%
Este traballo será obrigatorio para os/as estudantes con "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia".