Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Historia Económica | Código | 611G02002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Seminario | A8 C1 C4 | Complemento das lecturas, estudos de caso e prácticas (materiais cuantitativos e cualitativos discutidos en clase). A súa avaliación será conxunta coa das lecturas. Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula. |
0 |
Análise de fontes documentais | C8 | Inclúen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo. Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula. |
35 |
Lecturas | A6 A7 | Análise e discusión de lecturas obrigatorias, complemento das clases maxistrais. Realizarase, preferentemente, no tempo dedicado a titoría de subgrupo de 15 alumnos. Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático e realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. |
15 |
Estudo de casos | A9 A10 | Inclúen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo, así como determinadas lecturas. A súa avaliación será conxunta coa da análise de fontes documentais. Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático e realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. |
0 |
Actividades iniciais | B1 B2 B3 | Integran as seguintes actividades: - Técnicas de procura de información sobre Economía e Empresa e Ciencias Sociais en xeral. Utilizarase como ferramenta, entre outras, o "Buscador de Economía e Empresa da Facultade de Economía e Empresa da UDC''. - Técnicas de comentarios de textos. - Técnicas de análise de material gráfico e estatístico. A súa avaliación será conxunta coa da análise de fontes documentais. Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula. |
0 |
Sesión maxistral | A3 A4 A5 A12 B4 B5 B9 B10 C5 C6 C7 | Nestas sesións o profesor impartirá as pautas chave da materia que o alumno debe coñecer e preparar con traballo persoal e coa axuda do resto de instrumentos que ofrece o curso. A súa avaliación farase basicamente ao través da proba obxectiva de final de curso. |
0 |
Proba obxectiva | A4 A5 A7 B2 B3 | Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa. Para superar a materia haberá que obter polo menos quince puntos. Valorarase a capacidade de expresión, manexo e dominio do vocabulario específico, capacidade analítica e sintética, e coñecemento dos contidos do programa. |
50 |
Observacións avaliación | |||
Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. O estudante deberá acreditar a súa personalidade, identificándose consonte á normativa vixente. Os alumnos que só participen en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final serán cualificados como non presentados, con independencia da cualificación acadada. Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial están exentos de asistencia, pero serán avaliados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo completo. Os criterios de avaliación correspondentes á segunda oportunidad serán semellantes aos da primeira oportunidade. Os estudantes realizarán unha proba obxectiva cuxo resultado sumarase á cualificación da avaliación continua obtida durante o primeiro cuatrimestre. Os alumnos poderán enviar as actividades non entregadas durante o primeiro cuatrimestre. As condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán as establecidas para a segunda oportunidade. |