Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Análise das Operacións Financeiras | Código | 611G02004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A5 A6 A8 A11 B2 B3 | 1. Trátase dunha proba única para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria. 2. Na primeira oportunidade, realizarase un exame dos puntos 4 e 5 do programa, que suporá o 55 % da nota da avaliación final. 3. Na segunda oportunidade realizarase un exame da materia total e supón o 100% da nota de avaliación. 4. Estas probas realizaranse nas datas oficiais seguindo os criterios establecidos nas metodoloxías. 4. Nos exames tipo test (verdadeiro/falso) e nas de resposta múltiple as preguntas mal respondidas puntuarán negativo. |
55 |
Proba de resposta breve | A5 A6 A8 B2 B3 B4 B5 | 1.Dúas probas ao longo do cuadrimestre. 2. A primeira inclúe os ítems 1 e 2 e supón o 25 % da nota na avaliación final da primeira oportunidade, a segunda inclúe o ítem 3 e supón o 20 % da nota da avaliación final na primeira oportunidade. 3. Consisten nun exame seguindo os criterios establecidos nas metodoloxías |
45 |
Observacións avaliación | |||
1. Cualificación de non presentado .Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. 2. Primeira oportunidade. Aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente mencionados neste apartado: dúas probas ao longo do cuadrimestre e unha terceira na data do exame oficial. 3. Segunda oportunidade. Haberá un único exame que inclúe todo o temario e suporá o 100% da nota final desta oportunidade. As cualificacións obtidas nas probas realizadas para optar á primeira oportunidade non se terán en conta en ningún caso para optar a esta segunda oportunidade. 4. Convocatoria anticipada. Realizarase unha proba mixta dirixida a avaliar todas as competencias e contidos da materia. O resultado obtido nesta proba suporá o 100% da nota final obtida polo alumno. 5. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. A avaliación destes alumnos rexerase polos mesmos criterios aplicados ao resto do alumnado. Para a realización das probas de resposta breve deberán porse en comunicación cos seus profesores a comezo do curso académico co fin de acordar un calendario específico compatible coa súa dedicación 6. Sobre condicións de avaliación final. Os únicos utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son os básicos para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora electrónica non programable. Está expresamente prohibido o acceso ao recinto do exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outros dispositivos capaces de comunicación a distancia e/ou de almacenamento de información; b) apuntamentos, anotacións, libros ou material similar que non fose autorizado expresamente na convocatoria do exame ou na páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta norma supón que se considere realizada a proba en fraude e iso con independencia de que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado utilizáseos ou non no curso desta. 7. Identificación do estudante. O estudante ha de acreditara súa personalidade de acordo coa normativa vixente. 8. Outras observacións de avaliación. As probas non realizadas puntúan como cero. As realizadas en fraude supoñen a cualificaciónde cero puntos na convocatoria quedando invalidada calquera cualificación que o alumno puidese obter durante o curso mediante a realización das actividades de avaliación. Os criterios de puntuación de cada unha das probas daranse acoñecer no momento da proba e forneceranse xunto co enunciado desta. |