1.- Débese facer un uso sostible dos recursos co fin
de evitar impactos negativos sobre o medio natural. 2.- O comportamento persoal e profesional debe guiarse
por principios éticos. 3.- Terase en conta na medida do posible a perspectiva
de xénero. 4.- Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas e promover valores de respecto e igualdade. 5.- Se se detectan situacións de discriminación por
razón de xénero, proporanse actuacións e medidas para corrixilas. 6.- Facilitarase a plena integración do alumnado que
por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais experimente
dificultades para acceder a unha vida universitaria adecuada, igualitaria e
beneficiosa. |