Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Principios de Macroeconomía | Código | 611G02005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | A4 A6 A7 B3 B4 B5 B9 B10 C1 C4 | O profesor propoñerá ós alumnos actividades que se deben desenvolver ó longo do curso. O profesor utilizará aquelas actividades, como solución de problemas e exposición de resultados, realización de exercicios sobre os contidos, e realización de traballos, que estime máis axeitada para o seguimento do curso. Se valorará a resolución e a exposición dos problemas ou traballos na clase, de forma individual ou en conxunto e mailas solucións dadas ós exercicios propostos. A calificación máxima destas actividades é de 6 puntos. Estas actividades poderanse avaliar tamén a través de cuestionarios que se presentarán periodicamente ós alumnos. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con respostas múltiples, sendo correcta unha delas. Algúns dos test poderán consistir na obtención de resultados de problemas. Os fallos restarán puntuación. O número de cuestionarios ou test no cuadrimestre será de tres. As cualificacións que se obteñan nestos cuestionarios se incluen no 60% reservado a actividade da clase. Para os alumnos que teñan dispensa académica de exención de asistencia ás clases estos cuestionarios poderanse realizar en datas e horarios diferentes dos establecidos para o resto dos alumnos. As puntuacións que se houberan acadado (máximo 6 puntos) non terán en ningún caso carácter liberatorio dos contidos do programa. | 60 |
Proba obxectiva | A7 A8 A10 A11 | Esta proba se celebrará nas datas establecidas pola Xunta de Facultade, correspondentes ós exámenes finais, tanto na primeira oportunidade coma na segunda, coma na oportunidade adiantada de decembro. A nota máxima desta proba será de 4 puntos. Para superar a proba obxectiva o alumno debe acadar como mínimo 2 puntos no examen. O alumno se considerará aprobado na asignatura sempre que a súa nota total, suma da proba obxectiva (sempre que nela se obtiveran polo menos 2 puntos) e dos problemas ou actividades de clase propostas, sexa de 5 ou máis puntos. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con respostas múltiples, sendo correcta unha delas. Algúns dos test poderán consistir na obtención de resultados de problemas. Os fallos restarán puntuación. A linguaxe literaria, gráfica e matemática resulta útil para valorar de maneira axeitada os coñecementos adquiridos. Por esta razón, tamén poderá consistir a proba obxectiva en preguntas de desenvolvemento do programa e/ou da realización de problemas. Neste caso, a calificación será tamén dun máximo de 4 puntos, sendo necesario acadar un mínimo de 2 puntos para poderse sumar á puntuación obtida no apartado de actividades. | 40 |
Observacións avaliación | |||
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. 2. Identificación do estudantado: O estudantado acreditará a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. 3. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria. B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN: 2. Estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: O estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de asistencia ás aulas, serán avaliados cos mesmos criterios que o alumnado a tempo completo. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 1. Primeira oportunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados no paso 7. Avaliación. 1.-Sobre mínimos nos criterios de avaliación Non se require unha calificación mínima na parte da avaliación continua. Para a proba obxectiva é necesario obter un 50% da calificación posible para poder superar a materia. Este requisito aplícarase tanto á primeira como á segunda oportunidade. No conxunto das dúas partes o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia, pero sempre que na proba obxectiva acade un mínimo do 50% da puntuación da proba. |