Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Estatística I | Código | 611G02006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A6 A10 A11 A12 B2 B3 B5 B6 B10 C1 C4 C5 C6 | Neste apartado os alumnos deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. Unha porcentaxe corresponde a prácticas a través de TIC. |
30 |
Proba obxectiva | A4 A6 A12 B2 B3 B5 B7 C1 C6 | A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico. Realizaranse 2 probas correspondentes cos 2 bloques principais da materia: Estatística Descritiva e Cálculo de Probabilidades. |
70 |
Observacións avaliación | |||
As probas obxectivas (parciais) considéranse fundamentais para a avaliación, polo que será necesario obter un mínimo do 30% da nota en cada unha delas, é dicir, unha cualificación de 3 puntos sobre 10, para computar coas outras actividades que se avalíen. Considerarase liberado o primeiro parcial a condición de que se obteña unha cualificación maior ou igual a 3 puntos. Se se libera o primeiro parcial, no exame final haberá que realizar unicamente o segundo parcial, o cal tamén require unha nota mínima (3 puntos). O segundo parcial realizarase, para todo o alumnado, o día do exame da primeira oportunidade (maio/xuño). Os alumnos que non obtivesen a nota mínima nas dúas probas obxectivas (parciais) e, con todo, o cómputo global da avaliación resultase ser superior a 5 puntos, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota de 4,5. Aprobarase a materia cando se obteña 5 puntos ou máis no cómputo global da mesma, alcanzando a nota mínima nos parciais. Acudirase á primeira e/ou segunda oportunidade para repetir a proba que non alcance a nota mínima. Os alumnos que liberen unha parte da materia mediante unha proba obxectiva (parcial), só terá validez para o curso actual. Se un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas oportunidades de maio/xuño (primeira oportunidade) ou de xullo (segunda oportunidade), a súa cualificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia noutro curso académico. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO. Con respecto á cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaran a actividades de avaliación que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final. SEGUNDA OPORTUNIDADE. Os criterios de avaliación na segunda oportunidade serán os mesmos que os aplicados na primeira oportunidade, polo tanto o exame seguirá sendo o 70% da cualificación total (primeiro parcial 40% e segundo parcial 30%), cun mínimo de 3 puntos sobre 10 en cada un dos parciais. Para obter o 100% da cualificación nesta segunda oportunidade, o profesorado indicará a proba alternativa que será necesaria. Os estudantes que queiran optar á recuperación do 30% da avaliación continua deberán ter en conta que a nota definitiva da avaliación continua será a que obteña nesta segunda oportunidade, perdéndose o obtido durante a primeira. CONVOCATORIA ADIANTADA. A avaliación correspondente á oportunidade adiantada desenvolverase a través dunha única proba que se valorará cun máximo de 10 puntos, e que terá como base o temario completo que se describe no apartado "Contidos" da guía do curso académico vixente. Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 puntos nesta proba. Estas condicións de avaliación son específicas para a oportunidade adiantada e só aplicaranse neste suposto. ESTUDANTES CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL. O sistema de avaliación será aplicado a todos os alumnos, con independencia da súa situación académica. Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de asistencia, aplicaránselle os mesmos criterios de avaliación e nas mesmas datas de realización das probas que aos alumnos a tempo completo. SOBRE CONDICIÓNS DE AVALIACIÓN. Seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario da UDC (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf). Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10. Identificación dos estudantes, e 14. Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias.
|